SÁLVORA: O XOGO
O patrimonio pode ser transmitido de moi diversos xeitos. O xogo é un deles, e neste caso concreto optamos por un xogo de mesa: SÁLVORA
Sinerxías que ten a vida, colaborando con BRAZOLINDA acabamos de editar o xogo SÁLVORA nun formato completamente novo para BUGUINA TURISMO CULTURAL, EDUCACIÓN E INTERPRETACIÓN DE PATRIMONIO.
O naufraxio do SANTA ISABEL e o rescate posterior no que as HEROÍNAS DE SÁLVORA
protagonizaron un feito memorable que quedou reflectido nos xornais da
época son o cerne deste xogo de mesa. É un tema do que existen moitas
publicacións, mesmo documentais e ata un filme que a partir do contexto do NAUFRAXIO desenvolve unha trama de ficción. De feito hai tanta información que un
búsqueda simple abonda para decatarse que hai diferentes versións que
adoito entran en contradiccións.
Dende BUGUINA TURISMO CULTURAL fixemos un intenso traballo de documentación que pensamos pode ser de utilidade para outras persoas, polo que en coherencia coa nosa idea de difundir e pór en valor o patrimonio, fixemos unha escolma de vídeos, artigos e outras publicacións e organizámolas nos bloques que vedes a continuación.
VÉMONOS EN SÁLVORA!!!