PUNTO FORTALEZA
Un servizo do Concello de Tomiño para a dinamización socio-cultural do Espazo Fortaleza e o Forte de San Lourenzo de Goián, activo dende 2012 a 2016.
Préstamos de Xogos
Préstamos de Libros e Revistas
Alugueiro de Canoas e Bicicletas
Tras a intervención nos arredores do Forte de San Lourenzo de Goián, deseñamos e implementamos un servizo de dinamización sociocultural e información turística para o Concello de Tomiño no Espazo Fortaleza, que conta cunha zona verde, unha praia fluvial, un auditorio ao aire libre e un Ben de Interese Cultural (fortificación abaluartada do século XVII).
A proposta centrouse nos meses de verán, dotando de servizos de interese ás persoas que habitualmente acudían á praia fluvial, xunto a un punto de información turística. Para acceder ao préstamos de xogos, libros ou revistas as persoas tiñan que dispor dun carné de usuario (Carné Fortaleza) que se expedía no propio local. A media de persoas que facían uso dos servizos do Punto Fortaleza superaba ás 2000 persoas/ano e o horario de apertura era de 16:00 a 21:00 (finais de xuño ata primeira fin de semana de setembro).