PASEOS GUIADOS
Camiñar por un lugar é unhas das mellores opcións para coñecer un lugar, non é? Pois a pasear un pouquiño!!! Propoñemos paseos dun máximo de 3 horas a ritmo al dente (desniveis
suaves e distancias curtas) porque o obxectivo destes paseos guiados
non é facer senderismo senón coñecer os espazos
que visitamos, dende o máis senlleiro ao máis curioso.
RUTAS INTERPRETADAS
Deseñamos rutas interpretadas que permiten un achegamento ao patrimonio cultural ao tempo que desfrutamos da contorna. Ata agora realizamos rutas a pé, en bicicleta ou en kaiak, colaborando con empresas de turismo activo locais. Contamos cunha equipa con máis de 15 anos de experiencia deseñando este tipo de rutas en Galicia. Os nosos proxectos están orientados a programacións estables e para grupos reducidos (en xeral, menos de 20 persoas) porque na Interpretación de Patrimonio é fundamental poder crear espazos de interacción entre guías e participantes.