O MIÑO QUE NOS UNE - TUI
A Moi Noble e Moi Leal cidade de Tui ofrécenos moitas alternativas para desfrutar tanto no propio concello coma nos municipios veciños... e cómpre lembrar que temos moi pretiño PORTUGAL!!!
PARQUE NATURAL MONTE ALOIA
Trátase do primeiro PARQUE NATURAL declarado en Galicia (1978) e ademais de contar cuns miradoiros chulísimos (algúns cons vistas estupendas do Miño, outros nos que se poden ver as Cíes) ten un centro de interpretación moi curriño e varias rutas de sendeirismo. Moi aconsellable por ser moi sinxela, circular e por partir da zona de aparcadoiro do centro de interpretación é a ruta do REGO DE PEDRA ver +INFO
MONTE FARO (VALENÇA DO MINHO)
No alto do Monte Faro está un santuario pero o que máis nos interesa nesta ocasión non é o patrimonio relixioso senón as fermosas vistas que temos do río Miño/Minho. Pódese chegar ata o alto en coche e está bastante ben sinalizado ver +INFO
MERCADILLO EN PORTUGAL
O círculo das feiras semella non ter fin. Moita xente en Portugal vai ás feiras galegas e moita xente en Galicia vai ás feiras a Portugal. Son ben coñecidos os mercadillos de Valença (os mércores) e os de Vila Nova de Cerveira (os sábados). Ambas localidades contan con ponte internacional e forman parte de eurocidades: a Eurocidade Tui-Valença e a Eurocidade Tomiño-Cerveira. Unha cousa ben chula que ten Cerveira é o Parque do Castelinho, un espazo verde a carón do centro urbano e xunto ao río Miño, que conta con alugueiro de bicicletas, canoas e paseos en barco (funcionan con regularidade en verán, pero tamén nas fins de semana de primavera se o tempo acompaña) ver +INFO
VISITA UNHA ADEGA
Estamos nunha zona dentro da Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas. Curiosamente parte do concello de Tui está dentro da subzona Condado do Tea e outra parte dentro da subzona O Rosal. Varias adegas organizan actividades de enoturismo e unha das que conta con visitas guiadas regulares é Terras Gauda ver+INFO