TUI DE CINE

31.03.2025

Unha visita guiada sobre espazos de cinema. Lugares de proxección, filmes e series de televisión gravadas en Tui e mención especial para a gran festa anual do cinema nos últimos 20 anos na localidade tudense: o Festival Play-Doc

A través dun percorrido duns 90' polas rúas e prazas de Tui coñeceremos o rico patrimonio audiovisual deste territorio arraiano. Quen non lembra ese cinema dos tempos mozos? Ese lugar máxico onde tanto te atopabas no medio dunha de indios e vaqueiros coma nunha Galaxia moi moi lonxana... e que dicir dalgunha das películas e series que se gravaron en Tui, se ata chegamos a rozar o Oscar!!!

O sábado 5 de abril temos a oportunidade de desfrutar desta nova Experiencia con Esencia de BUGUINA TURISMO CULTURAL.