ESTE NADAL AGASALLA GALICIA: VISITAS GUIADAS PARA (RE)DESCUBRIR A TERRIÑA

23.12.2020

Sabemos que o de viaxar nestes tempos está algo complicado... si, nós tamén o notamos! Así que dende Buguina Turismo Cultural sumámonos a esta iniciativa da Asociación AGAGUI (Asociación de Guías de Galicia) a cal temos a honra de pertencer.

Que vos parecería aproveitar o 2021 para (re)descubrir Galicia? É moi probable que xa estiveras en sitios como Pontevedra, Vigo, Coruña... pero realmente que coñeces deles? O bar onde poñen as mellores tapas? Iso está moi ben -de feito, somos grandísimos seguidores das boas tapas!!!- pero se cadra descoñecemos o significado das marcas de propiedade de Compostela, a curiosa historia do Ravachol de Pontevedra ou porque hai en Tui unha excepcional colección de sambenitos.

Con estes BONOS AGASALLO de 50 € a Asociación AGAGUI permite realizar unha visita guiada de ata 5 persoas ao longo do 2021 en calquera das localidades participantes: Cambados, Santiago, Tui, Vigo, A Coruña e Pontevedra.

A Asociación AGAGUI creouse en setembro de 2020 como un espazo de encontro entre guías de turismo (guías oficiais, guías acompañantes, guías do Parque Nacional MT Illas Atlánticas de Galicia e guías de museos e centros de interpretación) que exerzan legalmente en Galicia.

Así que xa sabes, ESTE NADAL AGASALLA GALICIA :) :) :)

+INFO no web www.agagui.gal