BOTADURA DO VOLANTEIRO
03.10.2019
Despois de moitos meses de traballo chegou o día da botadura do volanteiro da Asociación PIUEIRO da Guarda, unha embarcación na que dende Buguina Turismo colabora en moitos e variados eidos: organización de visitas guiadas, cartelería, páxina web e xestión de proxectos (Desafío Pasaia ou Encontros de Embarcacións Tradicionais).
O sábado 5 de outubro é a data sinalada para a botadura na Pasaxe. Sabemos que non esteremos tod@s os que son pero si que serán tod@s os que estean, así que coa ollada na data do calendario, que bos ventos acompañen este volanteiro!!!