INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE
Trátase dunhas xornadas galega de actualización de coñecementos e intercambio de experiencias dentro do eido do Tempo Libre, organizadas dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
No 2016 realizouse a décima edición, e nós participamos no proceso do Grupo Promotor, quen estivemos dende 2015 tentando recuperar estas xornadas, xunto a outras persoas que tamén estiveran en edicións anteriores (a 9ª edición fora no 2006, e tamén estiveramos no grupo promotor daquela volta). Participamos activamente en:
- Preparación do Foro Aberto 2015, onde se escolleron temáticas e estrutura do programa para a edición 2016.
- Deseño e organización das xornadas.
- Facilitación do Faladoiro/Grupo de Traballo sobre a "Adquisición de Competencias a través da Aprendizaxe Non Formal".
- Avaliación e seguimento das xornadas, incluindo o Foro Aberto 2016.
- Deseño e xestión do espazo web.
- Dixitalización da publicación da 1ª edición destas xornadas Interactuando no Tempo Libre.