AUDIOGUÍAS MONTE SANTA TREGA
Castro Santa Trega
Soporte Audioguía
Museo Arqueolóxico Santa Trega (MASAT)
Dende decembro de 2014 están operativas as audioguías do Monte Santa
Trega e o MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega). O percorrido
comeza no alto do monte, no pico de San Francisco, podendo
aparcar a escasos metros do MASAT, no zona de restaurantes e tendas
de recordos.
Pódese realizar a visita de xeito autoxestionado e gratuito
descargando as audioguías a través dos códigos qr no caso de dispor de
teléfono ou tablet con conexión a interné, estando dispoñible en galego, castelán, inglés e francés. Tamén é factible
descargar todos os arquivos e un mapa a través desta mesma páxina.
Por último temos a posibilidade de alugar reprodutores mp3 no propio
MASAT.
Os contidos non se limitan á zona do castro escavada, senón que nos permiten achegarnos a diversos elementos de interese no Monte Santa Trega, coma o Vía Crucis, petróglifos, cruceiro, marcas de poveiros, etc.
Este proxecto realizouse para o Concello de A Guarda e permite complementar o servizo de visitas guiadas que habitualmente existe nos meses de verán. As audioguías en castelán son as máis usadas, superando as 10.000 descargas.